05_OS PROBLEMAS PATERNO-FILIAIS


Un consello para o que marcha de vacacións: o protector solar en crema pringa máis no corpo pero a rosca dos pulverizadores ábrese accidentalmente con maior facilidade. E nas etiquetas non aconsella mantelo fóra do alcance da roupa das maletas.


Ala! A mercar outro.


No supermercado, na estrada que conduce ao Castelo e e ao Parador antes de entrar en Verín, unha familia cristiá, pai, nai e fillo único, posiblemente tamén de feliz descanso estival e, como comprobamos despois, monovolume a xogo, está a pagar a súa compra. O rapaz consulta co cabeza de familia algo respecto das ofertas de móbiles arrimadas á zona da caixa. Para entendérmonos, as que se colocan entre as desbotables de afeitar e os mentos. A min que me contas, le ti o que pon e non molestes. A caixeira comeza a pasar produtos. Un Rioxa. Un Valdepeñas. Dous Lambruscos. Perdemos a conta do número e variedade das botellas de viño que saca do carro pero, curiosamente non vemos ningún da zona. O rapaz non deixa de preguntar cousas (a nai semella ausente) pero segue sen prestarlle atención.


Si. Está nunha idade moi difícil ese pai.