12_TRES LIÑAS


Chaves, Vidago, Pedras Salgadas. Cidades unidas por estrada e por unha recta imaxinaria que atravesa vilas termais, prolongándose septentrionalmente cara a terras ourensás e retorcéndose cara ao oeste en Boticas. En tempos existía unha terceira liña, nada ficticia, a férrea, aquela que vertebraba unha parte dun norte (que paradoxo!) menos desenvolvido.

Tres liñas

Unha nova autoestrada compite coa primeira; a segunda busca recuperar o prestixio doutros tempos; da terceira só queda unha manchea de pequenas e coquetas estacións.