07_CONTROL DE ALCOHOLEMIA


Deixando atrás Verín pola Avenida de Portugal páranos Tráfico. Hai que soprar. Aaaahhhh-Pfffuuuuuuuuuuuuuuu! Xuraría que antes tardábase máis tempo en apagar a luz verde. Non sei. Non entendo por que hoxe. E por que aquí. Se me dis estes días pasados, vale, porque se celebrou a feira do viño de Monterrei. Se me dis aquí, neste sentido da circulación, tampouco lle vexo moito xeito. O barrio vermello está máis adiante, de camiño á fronteira. De alí aínda podía saír alguén contento.