16_OS LEMMINGS

Disque os lemmings regulan a súa poboación tirándose dos cantís. É un feito que, cando a comida escasea, o instinto animal reacciona de dous xeitos: ou ben, coma eles, os individuos inmólanse para permitir a supervivencia da especie; ou ben a fame agudiza o enxeño, o individual prevalece sobre o colectivo e, no que á procura de alimento se refire, sálvese quen poida. Que a especie se perpetúe está moi ben, pero mellor comigo dentro.

Non imaxino os mosquitos sacrificando a súa vida polas súas crías. Así que, todos eses suicidas do parabrisas, en realidade deben de ser necrófagos fracasados.