09_FOLAR EN CHAVES


En Chaves elabórase o folar, 1 kg de monstruoso bolo preñado de quintillizos, onde colle todo tipo de recheo de inspiración porcina. Saramago, na versión en castelán da súa “Viaxe a Portugal”, despacha Chaves en só 363 palabras, comezando inmediatamente despois da hora do xantar. Xantar que, por certo, lembra pasadas 40, volvendo a el ao cabo de 112. Ningunha referencia, por exemplo, ás augas termais. Nin á Ponte Romana de Traxano. Como ir a Segovia e acordarse só do cochinillo.





Vou comprendendo tanta insistencia coa comida.